As probas populares celebradas ó longo de toda a nosa comunidade continuan entremezclándose coas probas de pista. O pasado fin de semana foi o turno do XIV Memorial Manuel Barros disputado en Gondomar con amplia participación e organizado pola Sociedade Atlética Val Miñor. Os vencedores foron Robertas Geralavicius da SGP e a ilustre atleta Estela Estevez, defendendo agora as cores do Comesaña. Asemade, celebrouse a I Carreira Pedestre Concello de Zas pertencente o Circuito Carreiras Populares correndo pola Costa da Morte na que os millores foron Cristian Muiño e Eva Mª Portas.