Resultados

EXCELENTE ORGANIZACION DO CLUB CASTRO DE LOBADIZ NO CAMPIONATO DE VETERANS

Magnifica a organización do Club Castro de Lobadiz no Campionato Galego de Veteráns celebrado o pasado domingo nas pistas da Malata de Ferrol. Ata a cidade departamental desprazaronse unha grande parte dos atletas veteráns que mostraron que o seu atletismo esta en auxe. As probas con maior participación foron, unha vez mais, as de velocidade ainda que no apartado masculino concursos coma o lanzamento de martelo ou disco e o salto de lonxitude tamén tiveron unha grande participación. A destacar, entre outros, alguns dos veteráns con mais participacións tanto a nivel nacional coma internacional coma por exemplo Xosé Luis Otero, Xulio Ventín, Luis Nogueira, José Manuel Almudi o Martin Brea nos homes ou Mª Jesús Sanguos, Rosario Sureda, Francisca Romasanta e Emilia Mesa nas mulleres. En resumo, bo ambiente e excelente a organización nunha xornada na que parte dos atletas dos club Castro de Lobadiz tiveron que dividirse para estar nas tarefas de organización e competindo.

Compartir: