Resultados

NOVO RECORD GALEGO CADETE 4×100 E 1500 OBSTACULOS DE IRIA CAUSIN NO CAMPEONATO DE ESPAÑA DE SELECCIONES AUTONOMICAS

Galicia foi octava tanto en homes coma en mulleres no Campeonato de España de Selecciones Autonómicas celebrado esta fin de semana en Valladolid. O forte vento na maior parte das xornadas impediu millores rexistros. As medallas viñeron todas das mans das mulleres con ouro para a marchadora Antía Chamosa, un valor seguro neste tipo de probas, con 14.13.30 e o cuarteto do relevo 4×100 formado por Judith García, Alba Villaverde, Claudia Torres e Miriam Otero con un tempo de 49.54 o que supón un novo record da categoria. Plata foi Lucía Sandar na xavalina con un millor lanzamento de 32.50 e bronce para a velocista Miriam Otero nos 300m con 41.10, moi cerca tamén dos seus millores rexistros. Fantástica tamén Iria Causin, cuarta nos 1500 obstáculos e novo record da categoria con 5.21.74. Os millores no trocante os homes foron o cuarto posto dLorenzo Díaz, cuarto nos 1000m con 2.46.39, Michael Ansach quinto no lanzamento de martelo con 54.23 e na mesma posición Alejandro Parcero nos 100m con 12.06 (-4.0). Actuacción galega

Compartir: