Resultados

Erik Bernard Barrondo e Liu Hong, vencedores do GP Cantons de Marcha

Erik Barrondo e Hong Liu eran os favoritos e referendárono onte sobre o asfalto da Coruña, aínda que de dous xeitos ben diferentes. A chinesa cunha incontestable vitoria con moitos segundos de vantaxe sobre a segunda clasificada e dominando case toda a proba. O guatemalteco, subcampeón olímpico, cun sprint nos últimos metros logo dunha carreira que discorrera no seu gran parte en grupo. Dous xeitos de gañar nunha nova cita coa mellor marcha mundial á que o público coruñés volveu responder .
A proba feminina estivo animada desde as primeiras dos seus vinte voltas ao circuíto dun quilómetro. A española Julia Takacs, que lanzou un ataque que só foi respondido pola ganadora nos Cantones en 2013, a portugesa Inés Henriques. A chinesa controlábaas de lonxe, consciente que nunha carreira deste tipo o importante non é o principio, senón o final. O tempo deulle a razón porque Takacs retirouse e a portuguesa foi perdendo paulatinamente o ritmo mentres Liu marchábase cara á vitoria. Outra que seguiu esta estratexia foi a guatemalteca Mirma Ortiz, de menos a máis ata entrar en segunda posición. Completou o podio a italiana Eleonora Giorgi. A mellor española foi Beatriz Pascual, sexta.
En mozos, só o noruego Eryk Tysse lanzouse á ventura nos primeiros quilómetros mentres os favoritos quedábanse acazapados no grupo. Cando foi pillado, foi o polaco Sudol, pero a proba xa estaba sentenciada a un final ao sprint. O guatemalteco Erik Barrondo aproveitou a última curva para sacarlle uns metros de vantaxe ao xaponés Eiki Takahashi mentres que o brasileiro Caio Oliveira foi terceiro e Miguel Anxo López como primeiro español. Resultados

Compartir: