Fantástica a actuación dos nosos xuvenís na primeira xornada dos trials que se están celebrando en Baku. A monfortina Saleta Fernández, primeira do seu grupo e superando ó listón sobre 1.77 metese na final na que loitará por acercarse ó record galego absoluto. O rexistro de onte é novo record galego da categoría que ela misma posuía dende a tempada pasada. Tamén meteronse na final os dous representantes do 1500, Ivo Maseda do ADAS e Tariku Novales do Atletismo Noia, terceiro (4.01.41) e cuarto (4.01.05) das suas respectivas semifinais. Boa actuación, asemade, da ferrolana Claudia Rojo ainda que os seus 1.01.53 nos 400m valados non foron suficientes para meterse na final. Agardaremos, hoxe as actuacións de Dani Chamosa, Angela González, Adrián Ben e Miguel González.