Resultados

VIII Trofeo Alfonso Posada

Boa participación e boas marcas, os mellores ingredientes para gozar dunha gran xornada atlética e a mellor homenaxe que se pode ofrecer a alguén que dedicou a súa vida e o seu tempo ao Atletismo.
É o que nos deixou o VIII Trofeo Alfonso Posada celebrado en Balaídos a tarde do mércores, para deleite dos afeccionados. Cun total de duascentas participacións, de toda Galicia e Portugal, foron varias as probas que mostraron un nivel satisfactorio. Os gañadores recibiron o trofeo de mans do propio Alfonso Posada. (ir a noticia ampliada)

O disco quentou o ambiente, e Frank Casañas (PÁX. Castelló) non decepcionou. Por dúas veces lanzou o artefacto a 62.76 m, un cm máis que en Qatar, na Diamond League, o día 9, e mellor marca española do ano; secundouno Víctor Gallego (SGP), con 53.56 m, que segue sendo o 4º español. A outra proba de lanzamentos, o martelo absoluto saldouse coa vitoria de Pablo Denís (AD Marathón), cun rexistro de 63.51 m, mellorando a súa marca desta tempada e empatando co 7º nacional. Na súa volta á competición, Nacho Fernández (RCCV) asinou 54.05 m.
Simultáneamente disputáronse as series de 100, con vento legal e favorable. Os máis rápidos foron Sergio Rodríguez Teixeira (CoCo), 11.14 e a portuguesa Cláudia Rodrigues, 12.77. Tamén en salto de lonxitude houbo dúo gañador hispano-luso. Alberto Elena(RCCV) saltou ata os 6.66 m e Cláudia Rodrígues repetiu trofeo con 5.71 m.
O salto con pértega volveu mostrarnos un excepcional Sergio Tellería(RCCV), que pulverizou a súa marca voando sobre 4.82 m. En rapazas, gañou Beatriz Viteri (CAFC) con 3.61 m.
Nos 1500 m, Leticia Fernández Barbosa (R. Ferrol) impúxose con claridade, facendo mellor marca desta tempada, 4.24.99, seguida por Jenny Fernández (Val Miñor) con 4.34.71. A final masculina foi do máis emocionante da xornada cun apertado final no que Gonzalo Basconcelo (RCCV), con 3.59.81 se adiantou a Adrián Lago (CSC), 4.00.13.
Beira Lima(Portugal) con 59.31 e Sergio González, (SGP), 53.51 gañaron os 400 m. En 1000 m, a portuguesa Silvia Silva adiantou por centésimas a María Pérez Boente (CSC), 3.13.08 por 3.13.80. A vitoria masculina foi para Lorenzo González (Val Miñor), cun crono de 2.42.19.

Cronica y fotos gentileza de For Currás

Compartir: