Fantástica a atleta do Bikila Solange Pereira que hoxe na 4ª xornada da Serie Municipal celebrada nas pistas de Balaidos parou o crono en 2.06.80 na proba de 800, sendo até o momento millor marca da tempada a nivel nacional ó aire libre. Con este rexistro Solange demostra que esta nun magnífico estado de forma de cara as vindeiras competicións en pista.