Resultados

Campionato Galego Cadete

Boa participación e boas marcas na maioria das probas do Campionato Galego Cadete que se celebrou nas pistas de Atletismo de Villagarcia nunha xornada con temperaturas moi altas e vento que invalidou boa parte das marcas de velocidade. A salientar os dobletes do atleta de Maristas de Lugo na lonxitude Alexander Barreiro (5.79) e triple (12.80) e triplete de Michael Ansah do Atletismo Cuntis no peso (12.81), disco (41.28) e martelo (51.18) nos homes e a velocista do Afflelou Narón nos 100 (12.34) e 300 (41.62) e Lucia Sandar do Lucus no disco (50.88) e xavalina (35.68). A próxima cita para moitos de estes xóvenes atletas será o Campionato de España por autonomías do CSD que se celebrará o último fin de semana do mes de maio en Valladolid.

Compartir: