O presidente da Federación Galega de Atletismo D. Isidoro Hornillos foi reelexido para formar parte da Comisión de Avalación de Deportistas Galegos de Alto Nivel. Publicouse fai un par de días os resultados da votación para a elección dos 4 representantes das federacións deportivas galegas. Houbo un total de 10 candidaturas saíndo finalmente elexidas Atletismo, Halterofilia, Natación e Triatlon, quedando fora ciclismo, loita, remo, judo, taekwondo e tiro con arco.