Campionato de España Probas Combinadas de Federacións: Adolfo Sainz, bronce na categoria Júnior en decathlon

En Soria disputouse o XXVI o Campionato de España de Federacións Autonómicas de Probas combinadas e a mellor actuación veu da man do atleta júnior do ADAS, Adolfo Sainz-Maza que logrou a terceira posición cun total de 6162 puntos.
Na categoria absoluta competiron Santiago Ferrer e Angel Menduiña cunha puntuación final de 6184 e 5588, respectivamente. Na categoria feminina Sandra Carballo con 4177 puntos foi a mellor clasificada das atletas galegas, que contou tamén con Lucia Seijas con 3280 e Andrea Novoa con 3240 puntos Resultados

Compartir: