Resultados

Borja Barbeito: marca nacional do ano en xavalina

Na tarde de hoxe, con motivo do Trofeo Nela Souto, que se celebraba na pistas coruñesas de Elviña, o lanzador de xavelina da Escola de Lanzamentos da Coruña, Borja Barbeito, daba outra dentada máis á súa mellor marca persoal de sempre, levando o artefacto no seu cuarto lanzamento ata os 73.12 m, rexistro que ademais supón a mellor Marca Nacional Absoluto do Ano na especialidade.

No podio acompañáronlle o veterano lanzador Raimundo Fernández, que con 59.64 m realizaba a Mellor Marca Nacional en categoría M40, e o Francisco Javier Michinel, que con 53.13 m melloraba ostensiblemente o seu mellor rexistro de sempre, e obtiña a marca mínima de participación no Campionato de España Xuvenil.

Miriam Otero: nova mellor marca galega de 300 metros
Á parte da gran marca de Borja, hai que facer mencion á nova mellor marca galega da prometedora atleta do Narón, Miriam Otero Martinez, que logra rebaixar a súa marca de 40.84 do pasado dia 12 en Ferrol, dejandolo en 40.76, demostrando o seu gran nivel competitivo desta nova atleta.
Tambiien puidemos gozar dun bo 3000 metros, onde sobresaíu Miguel Gonzalez del Lucus cun bo rexistro de 8.30.87.
En xeral viuse un bo Trofeo con interesantes marcas e grande ambiente atletico
Resultados

Compartir: