Campionato Galego de Maraton

O vindeiro domingo celebrarase o Campionato Galego de Maratón conxuntamente con a Maratón Atlántica. Os atletas terán que completar 3 voltas a un circuito lixeiramente diferente o das dúas edicións por mor das obras nalgunhas rúas da cidade herculina. A saída terá lugar na Avd de Montoto na sua confluencia ca Rúa Fama ás 09:00h do domingo 27 e a meta estará situada na Plaza de María Pita. Nesta edición o campionato parece mais aberto que o da tempada anterior na que lembremos que os campións galegos foron Pedro Nimo e Mª Jesús Gestido, ámbolos dous ausente neste ano.
Lembramos a obrigatoriedade de pasar por cámara de chamadas 20min antes da saída. Asemade, tódolos atletas participantes no campionato galego que desexen ter avituallamiento persoal deberán enviar un mail a direcciontecnica@fgatletismo.com para solicitar a sua acreditación. Os avituallamientos persoais poden entregarse até as 08h do domingo na plaza de María Pita.

Atletas inscritos Circular Campionato Circuito

Fotos: Pedro Nimo – Maria Jesus Gestidos, actuales campions galegos

Compartir: