Sesión de formación organizada polo Clube Marineda Atlético

O Club Marineda Atlético organizou coa colaboración do Ayuntamiento de La Coruña no Pazo dos Deportes de Riazor unha sesión de formación de carácter teórico e práctico centrada no traballo de velocidade. O encargado de impartila foi Vicente Veiga, adestrador do Club e responsable do sector de valados da Federación Galega de Atletismo. A xornada de 10:00 a 14:00 iniciouse con unha parte teórica na que se desenvolveu unha exposición verbal acompañada de videos destacando o traballo a realizar cos velocistas, as diferentes fases da proba de 100 metros, modelos técnicos nos que incidir así como capacidades a traballar. Terminou a sua exposición ca sua propuesta de modelo rítmico e numerosos exemplos de cómo traballar a fase de aceleración e de carreira lanzada. A continuación ca axuda do velocista Guillermo Heslop os asistentes observaron e realizaron diferentes traballos de técnica de carreira, multisaltos, pliometría , exercicios para o traballo da forza elástica, así como explicacións do traballo con valados, cordas e cintos lastrados. Entre os asistentes, ademais dos adestradores do club organizador estiveron outros representantes do Club Atletismo Sada, AVA, Ria Ferrol, San Paio….

Compartir: