Actividade atlética en Pista do fin de semana

O interese da actividade atlética en pista pasa esta fin de semana por Lisboa, Alfas de Pi e Vigo. En Lisboa disputarase o Campionato de España de 10000 en pista, Trofeo Ibérico, no que a representación galega estará formada polos atletas do New Balance Alejandro Fernández e Manuel Penas co obxetivo de estar nos primeiros postos e do promesa Sergio Piñon do Afflelou Narón. En Alfas de Pi, Miguel González e Adrián Ben do Lucus xunto con Tariku Novales, do Atletismo Noia, participarán no Campionato de España de 5000m en categoría xuvenil mentres que a atleta do Comesaña Carmela Cardama tentará conseguir a sua terceira medalla de ouro na mesma distancia en categoría junior despois de proclamarse campeona de España en Campo aTravés e en 3000m en pista cuberta. Xa no domingo, celebrarase unha nova edición do Trofeso Reconquista de Vigo na que será a primeira toma de contacto para a tempada ó aire libre para alguns dos atletas galegos.

Compartir: