Oito medallas e records galegos da categoria no Campionato de España de Pista Cuberta Xuvenil

A representación galega desprazada atá Valencia para disputar o Campionato de España de Pista Cuberta Xuvenil acadou un ouro, duas platas e tres bronces nesta primeira xornada. Aproba mais fructifera para os galegos foi a dos 3000 metros co ouro da tudense Uxía Pérez, a plata de Miguel González do Lucus e o bronce de Tariku Novales do Atletismo Noia. A outra plata foi para a atleta do Ria Ferrol, Claudia Rojo, no heptalón mentres que os outros bronces foron para os dous atletas do Riazor Coruña, Paula Iglesias na altura e Francisco Rodríguez nos 60m.

Ás seis medallas acadadas na xornada do sábado hai que engadir duas mais no domingo con dous novos records galegos da categoria. A atletta do Comesaña, Angela González, que na semifinal xa dera moi boa impresión acadou o ouro nos 800m con 2.13.90 batendo o record anterior en case 4seg. A última das medallas, esta vez de prata foi para Dario Costas, da SGP, nas probas combinadas con un total de 4.709 puntos batendo o se propio rexistro de hai unhas semanas. Fantástica tamén a actuación de Jorge Puig nos 1500, moi cerca do podium (4.00.08) e batendo o record galego que hai uns días pulverizara Miguel González. Nesa final dos 12 participantes 4 eran galegos xa que a Puig hai que engadir a Ivo Maseda, Adrián Ben e Adrián Lago. Noraboa! Actuacción galega

Foto: Angela Gonzalez do CSCC -Mellor marca galego xuvenil-jnior de 800 en pista cuberta

Compartir: