Patricia Carballo: bate o record galego absoluto, promesa e junior con 24.45 no Nacional Absoluto de pista cuberta

Ultima Hora: ¡Fantastica marca de Patricia Carballo no nacional absoluto de pista cuberta de Sabadell, onde Patri gañou a súa serie cun increible crono de 24.45, e borra das listas de mellores marcas galegas de 200 a Cristina Veiga Legaspi que o poseia nas tres categorias dende o 18 de Febreiro de 1990 en San Sebastian.
A longevidade do record de Cristina, aínda fai mais meritoria a marca de Patricia. Parabens!

Completase a xornada con a medalla de ouro de Jean Marie Okutu na lonxitude (7.81) e o seu pase a final dos 60m e a de plata de Belén Tomil no peso con 15.10. Boa actuación tamén de Beatriz Viteri na pértega (3.75 MMP), Saleta Fernández na altura (1.72), Miguel Pérez nos 60mv (8.30 MMP) e Leticia Gil (5.55) na lonxitude. Despois das suas semifinais tamén estarán mañá Leticia Fernández e Solange Pereira nos 1500 e Paula Ferreiros nos 400.

Compartir: