Un novo club sae á palestra atlética galega. O Atenas Running VDA de Vilagarcía promocionará o atletismo

César Buján Barral levará as riendas deste novo club presentado onte no Auditorio de Vilagarcía de Arousa, e contará ca axuda de Alberto Rey Silva, ambalas dúas persoas gozan dun gran compromiso co atletismo galego. O presidente do club explicou durante o acto o nome do club, sinalando ATENAS polo espíritu olímpico que move e promoven os seus fundadores, RUNNING por ser unha palabra de gran impacto na sociedade actual e estar de moda e VDA por Vilagarcía de Arousa. O lema do club “Saúde e kilómetros” será a motivación dos numerosos atletas cos que xa conta este novo equipo. Dende a FGA brindámoslle todo o noso apoio ao Atenas Running VDA e lle enviamos os nosos máis sinceros parabéns a todos quenes fixeron posible este novo tecido atlético. (Foto extraída do Diario de Arousa)

Compartir: