Representación galega no Campionato de España Absoluto

Casi unha veintena de atletas galegos tomarán parte este fin de semana no campionato absoluto de pista cuberta que se celebrará en Sabadell. Galicia estará representada en tódalas las modalidades con claras opcións de subir o podium en algunhas das probas. Así a destacar o marinense Jean Marie Okutu nas probas de 60m e lonxitude, na que partirá con a millor marca da tempada. Estará acompañado tamén polo atleta da SGP Iván Rodriguez despois da magnífica actuación de hai uns días no Campionato de España Promesa. En saltos estarán tamén David Barreira na altura, Luis Moro na pértega e Alfonso Palomanes no triple, con opcións unha vez mais de conseguir medalla. Completan a representación masculina Carlos Moro nos 200m, o xovencísimo Miguel Pérez nos 60m valados e Santi Ferrer no heptalón. Nas mulleres os 400 e os 1500 son as probas nas que teremos duas representantes. Nas dúas voltas á pista participarán unha recuperada Begoña Garrido e a lucense Paula Ferreirós mentrás que nos 1500 serán Solange Pereira e Leticia Fernández, as dúas con boas opcións de estar nos primeiros lugares. Dos valores seguros serán tamén Ana Peleteiro no triple, despois de acadar o récord nos 60m, e a lanzadora Belén Toimil no peso. Boa representación tamén nos saltos con a xuvenil Saleta Fernández na altura, Beatriz Viteri na pértega e Leticia Gil na lonxitude. Finalmente, estarán tamén Patricia Carballo nos 200m e Yuliana Velasquez nos 800m.

Compartir: