Resultados

Galicia campioa España por autonomias cadete feminino e subcampion, en xuvenil -junior a un punto do ouro

Unha vez mais a marcha galega demostrou que se encontra na elite da marcha nacional e hoxe en Murcia todos os marchadores galegos realizaron unha boa actuación individual e de equipo
A selección de Galicia proclamouse campioa de España por autonomías cadete feminino e subcampión, en xuvenil -júnior a un punto do ouro, as cadetes con Antia Chamosa, Noa Ramírez, Leyre Aramburu, Paula Villaverde e Noa García e as xuvenil -júnior con Mar Chillon, Carmen Escariz, María Abeledo, Marisol Diz e Carmen Fuentes. Ademáis lograron medalla a nivel individual, Monserrat Pereira, Campioa España F35, Conchi Campos, bronce F35 ambas as dúas do atletismo Cuntis, Carmen Escariz, subcampeona de España xuvenil do Comesaña, Daniel Chamosa, subcampeón de España xuvenil do Comesaña e mínima para a olimpíada da xuventude, María Abeledo, bronce xuvenil do Narón e Antia Chamosa, subcampiona España cadete do Comesaña.
Dende a FGA felicitamos a todos os marchadores galegos polo gran Campionato realizado. FOTOS

Compartir: