Iván Rodríguez da SGP subcampeón de España Promesa en lonxitude

Boas noticias dende Antequera donde se está a celebrar o campionato de España Promesa e donde o atleta da Sociedade Gimnástica de Pontevedra Iván Rodriguez proclamouse subcampeón de España de lonxitude con un millor salto de 7.38. Mañá disputaranse algunhas das finais con claras opcións para o resto da expedición galega. Carlos Moro do Riazor estará na final dos 200m despois de igualar nas eliminatorias o record galego da categoria con 22.11; na semifinal marcaría 22.16 o que confirma o seu bo estado de forma. Tamén estarán na final Paula Ferreiros do Lucus que en semifinais fixo 56.83 nos 400m e Yuliana Veslásquez da A.D. Maratón e o céltico Carlos Porto despois de vencer nas suas semifinais de 800 e 1500, respectivamente. Nesta proba pero en mulleres estará tamén Leticia Fernández.

(Madó González)

Compartir: