Uxia Perez, Miguel Gonzalez e Miguel Perez novos record galegos xuvenil e junior

Tres novos records galegos no campionato galego xuvenil e junior que se celebrou durante esta xornada no Palacio dos Deportes de Riazor. Uxía Pérez, do Atletismo Tui, millorou nos 3000m o seu record anterior xuvenil dende hai unhas semanas deixando o novo en 9.50.60. Xa na xornada de tarde era Miguel González, do Lucus, quen en una emocionantisisma final dos 1500m batía o record xuvenil de Leonardo Piñeiro presente entre o público. O lucense parou o crono en 4.01.70, millorando en 5 segundos o anterior. Salientar que nesta final Ivo Maseda do ADAS, segundo na liña de meta tamén millorou ese rexistro con 4.02.88. Xa casi a piques de rematar a xornada era outro lucense, Miguel Pérez, quen nos 50m valados con 6.97 superaba o record junior que xa databa do ano 1995. Outros atletas destacados da xornada foron Dario Costas da SGP novo campión galego xuvenil en 50m (6.09), 50m valados (6.99) e altura (1.88) ou Mauro Triana vencedor nos 50m (6.16) e nos 200 (22.65) na categoría junior. Nas mulleres salientar a Laura Chapela do Atletismo Femenino Celta polo seu campionato xuvenil en 50m (6.97) e 200 (26.70) e Claudia Rojo do Ria Ferrol na mesma categoría, nova campiona galega nos 50m valados (7.65) e nos 400m (1.01.25). Resultados

(Madó González)

Compartir: