Dolores Rojas. Premio a traxactoria organizativa pola sua gran contribución no G.P. de marcha Cantones de A Coruña

A Real Federación Española de Atletismo fará entrega dun novo premio a Dolores Rojas coa distinción a mellor “Traxectoria Organizativa” pola sua decisiva contribución ao desenvolvemento do Gran Premio Internacional de Marcha Atlética Cantones de A Coruña. O galardón o recibirá o 18 de xaneiro na sede do Comité Olímpico Español lugar no que se celebrará a clásica Gala Anual do Atletismo Español. Con este recoñecemento ponse de manifesto a capacidade organizativa de Dolores Rojas, que xa foi declarada Mellor Xuíx nacional fai alguns anos e que está considerada como unha das mellores xuizas do mundo na especialidade de marcha atlética, participando habitualmente nas grandes citas como son os Xogos Olímpicos e campeonatos do Mundo. Asemade este recoñecemento supón a confirmación do enorme prestixio que atesoura a nivel estatal e mundial o Gran Premio Internacional de marcha atlética Cantones de A Coruña, patrocinado polo Concello de A Coruña, que tamén asume tarefas organizativas xunto a F.G.A. Esta competición xa albergou a sede da I Copa de Europa e nada menos que dunha Copa do Mundo, nas que a actuación de Dolores Rojas foi determinante para obter un gran éxito organizativo, recoñecido pola propia Federación Internacional (I.A.A.F)

Compartir: