Iria Fernandez e Javier Paredes, triunfan en Ribadavia

150x150Hoxe domingo 12 de Decembro celebrouse o Cross de Ribadavia na área recreatica de A Veronza, organizado polo Club Deportivo Aurum e a Delegación en Ourense da FGA, e patrocinado polo Concello de Ribadavia, contando coa colaboración do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense.
Cun día moi complicado polo mal tempo gozouse dun bo ambiente e unha boa participación nas diferentes carreiras. Case 150 corredores puxéronse ás ordes do xuíz de saída na carreira absoluta, dispostos a percorrer os 8000 metros do fermoso circuíto. Mentres que as mulleres percorrerían unha distacia de 5000 metros.
Nun circuito que soportou a choiva e moi fermoso para a práctica do campo a través, tanto polo seu trazado como pola vistosidade para o público, proclamóuse vencedor na categoría absoluta masculina Javier Paredes, atleta ourensano fichado na Sociedade Gimnástica de Pontevedra cun tempo de 27:27. O segundo clasificado foi José Manuel Fernández do Club Atletas Veteranos de Ourense. O podium completóuse con José Manuel Martínez do Corredores PedroNimo.
Na parcela feminina outra atleta tamén da provincia, Iría Fernández Fontenla, baixo a disciplina do Comesaña Sporting Club, gañou cun tempo de 20:02. Outra compañeira de club, Barca Toba, entrou a 9 segundos da vencedora. Pola súa banda Sonia Teijeiro, do Club Ourenrunning, entrou a continuación, sendo ademais a primera veterana.
Tamén disputáronse carreias para os atletas do programa XOGADE (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar), da Xunta de Galicia, que amosaron mailas inclemencias metereolóxicas un excelente nivel de forma física.
Excelente, unha vez mais, a gran contribución do Club Deportivo Aurum nesta xornada de campo a través, dificil para os practicantes pero fermosa para os espectadores que presenciaron in situ a gran dureza da práctica atlética. Resultados

Compartir: