A FGA estrenará unha nova web adicada a Carreiras Populares cunha innovadora plataforma de inscricións

A FGA comprácese en informar a toda a comunidade atlética da creación da nova pasarela de inscricións integrada na páxina web adicada ás carreiras populares que terá a súa presentación a vindeira semana baixo o nome de: www.carreirasgalegas.com. Co firme propósito de dar un paso cara a diante a FGA ten desenvolvido dita plataforma para ofertar un millor servizo e satisfacer as demandas do corredor popular. Informatizando todos aqueles datos de interés para o corredor en canto a resultados, información dos diferentes eventos, rexistro con clave de usuario tanto individual como colectivo, por clubes, calendario de carreiras, acceso a fotografías, videos, artigos… consultas de inscritos por sexos, categorías, clubs, concellos… co único fin de mellorar a comunicación co corredor. Esta nova pasarela facilitará os trámites de inscripción e xestión nas diferentes carreiras aforrando tempo ao usuario que poderá recibir información personalizada. A FGA amosa deste xeito o seu forte compromiso co atletismo popular galego.

Compartir: