Vencedores nas pedestres do fin de semana

Domingo completo de actividade pedestre ó longo da nosa comunidade. Os vencedores nas principais probas do calendario autónomico foron os seguintes: Victor Riobo, da S.G.P. e Patricia Mendes do Comesaña no G.P. Pedestre de Navidad de Vigo; Eliseo Martin e Solange Pereira na Carreira Sin-Son; Iván Docamo da S.G.P. e Leticia Fernández do RIA na Carreira Pedestre do Nadal en San Cibrao das Viñas e, finalmente, Ramón Serantes e Isabel Babiano na Carreira Popular de Sada. Dende a FGA queremos agradecer de unha forma especial a participación de tódolos participantes nesta útltima proba xa que os ingresos das inscriccións serán entregados a Cáritas.

Compartir: