Pablo Denís e Pablo Castro, mínimas para os nacionais. Os lanzadores estrearon tempada en Vila Nova de Cerveira con moi bos resultados.

Éxito de participación no I Xornada de Lançamentos disputada en Vila Nova de Cerveira este sábado, coa presenza de moitos atletas galegos, sumándose aos habituais de Vigo e Ou Morrazo unha nutrida representación do club A Silva de Cerceda, aproveitando como cada ano as facilidades e organización de que dá a Associaçao de Atletismo de Viana do Castelo.
Entre as actuacións a destacar, a de Pablo Denís (AD Maratón), que con 62.63m en lanzamento de martillo consegue a mínima para o campionato absoluto de verán. Pola súa banda, Pablo Castro, do Vila de Cangas fixo o propio co peso de 6kg, cunha marca de14.75m, logrando o pase para pista cuberta e aire libre en categoría junior.
Sobresaliente tamén Eva Costas (AF Celta), con 12.81 metros, buscando os 13.20m que dan o pase á cita baixo teito e outro junior, Martín Liste (A Silva), vigente campión de España xuvenil de disco, que nesta ocasión lanzou a jabalina a 48.45 metros.

Compartir: