Mala noticia para o atletismo galego. O pasado domingo faleceu o ex atleta lucense Joaquin Allende

No día de hoxe chegou á FGA a mala noticia do falecemento do ex atleta fondista internacional Joaquín Allende. Joaquín foi distinguido en varias ocasións pola Federación Galega de Atletismo, ao marxen das condicións atléticas Joaquín era coñecido polas súas cualidades humanas. Era un dos homes que mais coñecía o atletismo galego de todos os tempos, gozando dunha verdadeira biblioteca de datos históricos. Dende a FGA desexamos transmitirlle a toda a familia o noso mais sincero pésame.

Compartir: