Primeiras medallas nacionais da tempada 2013/2014 no Campionato de España Marcha de promoción

Hoxe en Llerena, chegaba o primeiro dos Ctos. de España 2013/14, en concreto os de Inverno de Marcha de Promoción.
Na categoría Xuvenil, na que Daniel Chamosa Dacasa, conseguía cun tempo de 22.24.3 o subcampeonato deses 5.000 m. marcha, mellorando a súa marca persoal que era de 22.41.59 de fai case un ano .
Nesa mesma categoría e distancia, en mulleres, tamén cruzaba destacada moi claramente a liña de meta Carmen Escariz Mella pero desgraciadamente era descalificada, pero o podium non quedou huerfano da representaión galega a cargo de Carmen Fuentes Castro, fíxose con a medalla de bronce e aderezándoa coa súa marca persoal. Carmen marcou un tempo de 25.31.0, rebaixando en case 16 seg. a que tiña desde xaneiro deste ano de 25.45.99 en Vilagarcía de Arousa.
Na categoria feminina Cadete, o ouro logrado por Antía Chamosa Dacasa, esta, do mesmo xeito que o resto dos que lograban eses éxitos galegos, é atleta adestrada por José Antonio Pardal Baños e forma parte (do mesmo xeito que o adestrador e todos eles) desde o seu inicio da .Escola Provincial de Marcha Atlética Deputación de Pontevedra.
Antía, que o domingo pasado en Riveira establecía a mellor marca galega desa proba en 14.06.67 hoxe gañaba con moita vantaxe respecto de a 2ª clasificada. Ese título español en 14.15.3 representa a sua 3ª mellor marca nesa distancia. Tamén lograba mellorar a súa marca persoal na proba dos 3.000 m. marcha, entrando en 3º posto entre todas as categorías, Débora Pato Sabarís en 16.36.5 co que lle daba un bo mordisco aos seus 16.50.34 realizados o pasado ano en Guadix.
Outros atletas galegos que tamén competiron neste Cto. de España foron a xuvenil María Abeledo Manteiga do Afflelou Narón 4º en 25.33.6, e nos Ctos. de cadetes, 3.000 m: Leyre Aramburu González do Atlética Lucense foi 6ª en 15.29.8, e Noa Ramirez Carballo, do Atletismo Cuntis foi 9ª con 15.54.3, ambas con marca persoal e en 5.000 m. Smail Laaribi (Atletismo Cuntis) era 14º en 31.50.0.
En infantís, do Cuntis Roberto Vieiro Pérez e Iria Rivas Igrexas gañaban as súas probas de 3.000 m. con 14.57.0 e 17.12.0 respectivamente. e para rematar a sua benxamín Natalia Rivas Iglesias impoñíase en 1.000 m. con 6.33.6.

Compartir: