Hoxe presentouse oficialmente a I Carreira Popular de Sada. Gran Premio do Nadal

Na OMIX, Casa de Oficina da Xuventude de Sada presentouse esta mañá a I Carreira Popular de Sada. Gran Premio do Nadal coa presenza do alcalde da localidade Ernesto Anido, Isidoro Hornillos presidente da FGA, Jesús Alvarez en representación do Clube Atletismo Sada, José Luis Aristin presidente do Colexio Oficial de fisioterapeutas, Estefanía Hernández de MUDEGA, Daniel Valiño presidente dos Empresarios de Sada e Sergio Vázquez presidente honorífico da FGA. A proba, a beneficio de Cáritas, terá lugar o vindeiro 22 de dezembro. As inscricións estarán abertas ata o día 17 na plataforma da web da FGA (atletismogalego.org) e na OMIX. Ademais da celebración da carreira popular a FGA aproveitará este escenario para rendir unha homenaxe a todas aquelas mulleres pioneiras do atletismo galego, que comezou a súa andadura polo ano 1963 conxuntamente co inicio do atletismo feminino a nivel nacional. Inscríbete agora, non o penses mais! (CLICK AQUI)

Compartir: