Nace un novo medio de difusión do atletismo galego

Os atletas, Sergio Rodríguez Teixeira, actual campión galego absoluto de 100, 200 e 4×100 e Pablo Lourido, especialista en valados veñen de por en marcha un programa de radio dixital que leva por nome “Cámara de llamadas” coa intención de dar mais visibilidade ao atletismo, especialmente o atletismo en pista. A estos dous atletas engadironse xa outros coma David Barreira, Alex Martín, Carlos Porto e o atleta olímpico David Gómez como colaborador especial.”Cámara de llamadas” comenzou a semana pasada con un programa radiofónico de aproximadamente 45 minutos repasando resultados, temas máis falados nas redes sociais e protagonistas dos últimos días. O programa emitirase cada domingo, con emisión en directo a través de youtube, e que poderá ser escoitado en calquera momento a través de plataforma podcast “ivoox”http://www.ivoox.com/podcast-camara-llamadas_sq_f194011_1.html). Ademais, nun formato máis persoal, e para non esgotar a fórmula de entrevista escrita, tamén realizarán entrevistas cara a cara de maneira non periódica, baixo o nome de “A Bancada”. O primeiro programa contou coa presencia de Guillermo Piñeiro, impulsor da plataforma “QueDeportista” para promocionar a figura do deportista e facilitar a busca de patrocinadores para os mesmos. Dende a FGA queremos darlles a noraboa pola iniciativa.

Compartir: