Nace un novo club en Santiago

O atletismo esta de enhorabuena co “nacemento” dun novo club en nuetra Comunidade.
O Concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou o Club Atletismo Santiago, unha entidade que nace co obxectivo de acoller a aqueles atletas dunha franxa de idade entre os 15 e os 22 anos para que sigan practicando este deporte. No entanto, o club xorde pretende fomentar a práctica do atletismo en xeral.

Adrián Varela agradeceu aos creadores do Club Atletismo Santiago a súa aposta por este deporte, “cubrindo un baleiro existente” na cidade. Así, moitos dos abandonos da práctica do atletismo prodúcense na idade xuvenil, en boa medida por non atopar un club no que adestrar e competir.
O Concelleiro tamén enmarcou esta boa noticia no esforzo do seu Departamento por fomentar o atletismo. Mostra de son as 12 probas atléticas celebradas en 2013 en diferentes modalidades e as 15 ou 16 previstas para 2014. Acompañaron Adrián Varela nesta presentación o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos; o presidente do Club Atletismo Santiago, Alfonso López; e o vicerreitor do área de Deportes da USC, Francisco Durán. O club asinará un convenio coa Universidade compostelán para poder utilizar as instalacións do seu estadio de atletismo

Compartir: