O CNJ ven de publicar os resultados da primeira fase do exame de Ascenso á Categoría de Xuíz Árbitro, celebrado o 9 de novembro.

Os tres xuíces galegos que finalmente se presentaron ó exame (Yolanda Pavón, Manuel Garrido e Xulio Ventín) superaron esta primera fase, e teñen moitas opcións de acadar o ascenso.

Ligazón

Circular RFEA cós resultados: [ver]

Norabóa ós aprobados, e desexámoslle moita sorte na segunda fase do exame.