Alejandro Fernández e Patricia Mendes vencedores na San Martiño

As rúas da cidade das Burgas volveronse a encher un ano mais de corredores para disputar a XXXVII Carreira Pedestre do San Martiño. Con récord de participación, a proba absoluta convertiuse dende o pistoletazo de saída nun man a man entre os dous atletas do New Balance, o local Alejandro Fernández e Lolo Penas. Nun apaixoante sprint Alejandro foi está vez o que se levou a victoria con tan só un segundo de diferencia. A terceira praza foi para o portugues Miguel Ribeiro a case un minuto dos homes do New Balance. Nas mulleres o primeiro posto foi mais claro para a atleta portuguesa do Comesaña Patricia Mendes con 35.12. Na segunda posición a súa compatriota Andreia Santos con 35.42 e en terceira Paula Mayobre do Bikila a sete segundos.

Compartir: