O ADAS acada a sua mellor clasificación. 6ª posición!

O ADAS Proinor de O Barco acada a súa mellor clasificacion no Cto. España de Clubes Junior ao acadar a 6º posicion e a dous puntos do quinto posto. Os mellores resultados corresponderon aos xuveniles Sergio Paredes en martelo e ao velocista do club Riazor (filial dos valdeorreses), que acadaron dous terceiros postos. Lamentar a lesion do obstaculista Ivan Manso,que tivo que abandonar a proba por un forte esquince no nocelo. O ADAS realizou unha competicion moi regular, acadando numerosos cartos e quintos postos, que lle valeron para poder acadar a mellor clasificacion da súa historia. Gracias a todos os atletas polo seu esforzo, sacrificio e compromiso con este club.

Compartir: