Onte celebrouse unha xuntanza da Comisión Escolar e Comisión de Clubes con importantes aportacións

Na tarde de onte reuníronse ao longo de máis de 3 horas distintos membros da Comisión de Clubes e Comisión Escolar que se achegaron ata Coruña para tratar distintas normativas que afectan a ditas comisións. Os clubes que estiveron presentes nesta xuntanza foron o Ría de Ferrol, Agrupación Atlética do Sil, Franciscanos Lugo, San Fernando Lucus, Coruña Comarca e o Ourense Atletismo. O obxectivo destas reunión é coñecer de cerca as inquietudes e opinión dos clubes respecto aos actuáis reglamentos que afectan ao ámbito do deporte escolar e aos campionatos de clubes. A FGA desexa agradecer a todos estos clubes o seu esforzo en achegarse ata Coruña e contribuir así á mellora da xestión do atletismo galego.

Compartir: