Presentada a XXXVI Carreira Pedestre Popular de Santiago

A proba terá lugar o 27 de outubro e contará ca participación de miles de corredores que invadirán as rúas da capital de Galicia. As inscricións estarán abertas ata o día 19 e poderase inscribirse ata o 22 cun coste adicional. Haberá importantes premios en metálico para os primeiros corredores e trofeos de prata.

Ao acto de presentación da proba asistiu o presidente da FGA e o subdirector do El Correo Gallego, Víctor Tobío, que destacou que a proba continua con renovadas ilusións, sendo un evento que é un orgullo para o grupo e para toda a cidade que se extende dende o ano 1978. Pola súa parte o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, incidiu en que esta iniciativa forma parte do patrimonio galego e actualmente é unha das mellores probas de Galicia.

Compartir: