Presentada a V Carreira Popular

O delegado de Cultura e Turismo da Deputación, o nacionalista Mario Outeiro, presentou, esta mañá, no salón de actos do Pazo de San Marcos, a V Carreira Popular “Arumes do Corgo”, que organiza a asociación homónima, da que xurdiu tamén o club de atletismo “Arumes-Área 10”, e que se celebrará o vindeiro domingo, 20 de outubro, dende as 10:30 horas, no contorno do colexio do Corgo. Tamén participaron na presentación desta proba Pablo Gandoy, director técnico da Federación Galega de Atletismo en Lugo, e José Antonio Ferreiro, alcalde do Corgo.

Durante a súa intervención, Mario Outeiro puxo en valor “o amplo labor cultural que vén desenvolvendo a asociación Arumes do Corgo, dende a súa creación, aló polo 2005”, e explicou que “no 2009 ramificou a súa actividade e tivo a súa incursión no mundo deportivo coa organización desta proba que abriu unha oferta deportiva nun concello coma o Corgo que adoecía de oportunidades para practicar atletismo”.
Unha proba que, segundo explicou o delegado de Cultura e Turismo da Deputación, “está totalmente consolidada no calendario de atletismo a nivel galego; así o demostra o alto grado de participación acadado na pasada edición, na que participaron máis de 300 corredores”. “Todo isto é debido a un gran traballo a nivel organizativo dos membros de Arumes do Corgo, e grazas á colaboración económica tanto do concello do Corgo, como da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, así como o apoio técnico da Federación Galega de Atletismo”, concluíu Outeiro. INSCRIBETE AQUI

Compartir: