Con record de participación disputouse unha nova edición da Carreira Popular Coruña10 con claro dominio dos atletas do New Balance. Os dous pupilos de Santiago Saco, Alejandro Fernández e Yolanda Gutierrez, revalidaron as victorias do ano pasado. Nos homes Alejandro dominou a proba de principio a fin entrando na liña de meta por debaixo dos 30minutos (29.46) por diante dos seus compañeiros de equipo Manuel Penas (30.09) e Manuel Hurtado (30.30). Nas mulleres unha Yolanda Gutierrez moi recuperada da sua participación no Maratón de Berlín impuxose ás duas atletas do Bikila Solange Pereira e Paula Mayobre. Gran participación e ambiente tamén nas probas de menores con algunhas das futuras promesas do atletismo galego. Resultados FOTOS