As rúas da cidade herculina volveránse engalanar para acoller unha nova proba atlética, esta vez a máis cativa pero lonxeva das tres probas de ruta, a Coruña 10. Unha carreira cun percurrido espectacular que transcurrirá polas principais rúas da cidade e por todo o paseo marítimo. Espérase a participación de 3000 corredores. Todos os participantes levarán unha camiseta conmemorativa do evento. A Carreira conta cun percorrido homologado de 10 km e terá saída ás 11:00 horas do vindeiro domingo día 6 de outubro. Haberá tamén probas de menor distancia para atletas de categorías inferiores, inclusive para pitufos. A organización outorgará importantes premios en metálico aos primeiros atletas que crucen a liña de meta, 800 euros para os primeiros clasificados (homes e mulleres) e 1000 euros para o atleta que bata o record da proba. A proba está inclúida no Circuito Deputación da Coruña, contando neste ano cun valor engadido para os atletas.
O prazo para inscribirse rematará o día 1 ás 20:00 horas non admitíndose inscricións fóra deste prazo. (INSCRICIÓNS) (REGULAMENTO)