A atleta galega Belén Toimil participou onte sábado co seu club, o Praias de
Castellón na Copa de Europa de clubs junior celebrado en Brno, na República Checa, protagonizando unha gran actuación, xa que gañou as súas dúas probas. No lanzamento de peso, mostrouse claramente
superior aos seus rivais durante todo o concurso, con 13.83m finais. No disco, foi o seu terceiro intento, de 47.54m, o que lle deu a vitoria. O equipo clasificouse en cuarta posición, e os mozos
colgáronse o bronce.
Esta foi unha gran tempada para a atleta de Mugardos que xa se clasificou en cuarta posición en peso e quinta en disco no pasado Campionato de Europa junior, en Rieti, ademais de mellorar varias
veces os récords galegos. Posúe o absoluto en peso, e os de peso e disco nas categorías xuvenil e junior, e é unha das máis firmes promesas do atletismo galego e nacional.