Alejandro Fernandez. Bronce no nacional de 10 Km. en ruta

Ata a bela localidade asturiana de Ribadesella, desprazáronse un total de 17 atletas galegos para a disputa do Campionato de España de 10 Km. en ruta.
A categoria absoluta estivo dominada por Carles Castillejo que resultou vencedor cun tempo de 29.19, sendo terceiro Alejandro Fernandez Rivera do NB cun tempo de 29.38, o que vén refrendar a excelente tempada de Alejandro.
Meritoria quinta praza de Lolo Penas con 30.35 na clasificación absoluto (bronce na categoria M35) sendo Carlos Villamor 12ª e Ivan Docampo 13ª.
En categoria feminina Paula Mayobre logrou a sexta praza, cun rergistro de 35.48; Barca Toba, Soledad Castro e Iria Fernandez ocuparon as 11ª , 12ª e 17ª prazas respectivamente. A incombustible atleta do Comesaña Soledad Castro, sumou unha nova medalla o seu palmarés ao lograr o titulo na categoria W45.
Tamben proclamáronse campións na categoria W50, Esther Pedrosa Carrete cun tempo de 40.08 e Antonio Cabana en M70 con 47.40 Resultados. AbsolutoVeteranos

Compartir: