O vindeiro sábado 14 de setembro o Concello de Tordoia celebrará a V edición da
súa carreira pedestre popular na localidade de Seixán (Cabaleiros) a partir das 18:45 horas.
Unha proba que ano tras ano medra en calidade e participación e que este ano contara coa presencia de chips de cronometraxe da FGA e formará parte por primeira vez do calendario oficial de probas
da Federación Galega de Atletismo.
Información e inscricións aquí: http://www.atletismogalego.com/fga/pop_carrera.asp?id=4736