Vigo, Benquerencia e Mugardos acollen este domingo tres importantes carreiras

1ª Carreira Popular Benquerencia Terra-Mar

Terá lugar o domingo día 8 a partir das 11:00 horas as carreiras de menores e das 12:10 horas a proba absoluta. Ata o momento rexístranse a inscrición de cerca de 200 atletas. Entregaranse trofeos artesanais inéditos aos tres primeiros clasificados de cada unha das categorías, camisetas conmemorativas do evento para todos os participantes e numerosos agasallos sorpresa. Tódolos participantes poderán disfrutar gratuitamente de hinchables e actividades de kayak na praia. O prazo de inscrición remata mañá mércores día 4. Inscríbete xa! (CLICK AQUI) (MAIS INFO)

1ª Carreira de Montaña Mugardos-Montefaro

Disputarase o domingo 8 de setembro. Será a primeira edición desta proba que nace co obxectivo de compartir dúas pasións: o deporte e o medio natural. O circuito goza dunha gran beleza paisaxística. A saída terá lugar as 09:00 horas no pavillón do Cristo. As inscricións están abertas e a día de hoxe rexístranse mais de cen participantes. Inscríbete xa se queres disfrutar dunha excelente xornada deportiva no medio natural (CLICK AQUI)

IVª Xornadas 10 km marisqueiras do Berbés-Vigo

Un evento xa consolidado na zona do Berbés-Vigo. Os primeiros 500 participantes que se inscriban correctamente terán de agasallo unha bolsa da marca New Balance co logotipo da mascota do evento. A saída terá lugar as 10:00 horas no porto de Vigo. A inscrición pode facerse ata o día 5 de setembro a través do seguinte enlace (CLICK AQUI).
Mais información no seguinte enlace (CLICK AQUI) ou na páxina de facebook da carreira Diez Kms Xornadas Marisqueiras,

Compartir: