A Vila de Noia, localidade con gran tradición na organización de carreiras populares, acolleu o pasado sábado unha nova edición da Carreira Pedestre Popular de Noia. A proba contou cunha gran participación popular e ca presenza de exquisitos atletas galegos, como Alejandro Fernandez, Manuel Penas, Yolanda Gutierrez, Manuel Hurtado, Solange Pereira, entre outros. Na carreira masculina a victoria foi para o ourensá Alejandro Fernandez que paraba o crono cun tempo oficial de 23:34 sacándolle medio minuto a Manuel Penas. Na clasificación feminina Yolanda Gutierrez acadaba a victoria cun tempo oficial de 27:11, desprazando ao segundo lugar á atleta internacional Solange Pereira cun tempo de 27:49. (Resultados)