Xa podes inscribirte no 32 Maratón San Juan de Piñeiro

O vindeiro sábado 7 de setembro terá lugar en Mugardos unha proba clásica do atletismo popular, o 32 Maratón San Juan de Piñeiro. A proba que este ano está incluída no Circuito de Carreiras Populares Deputación da Coruña contará con numerosos premios para os primeiros clasificados. Espérase a participación de máis de 300 corredores, dende categoría pitufos ata categorías de veteráns. A proba estará controlada polo Comité de Xuices da FGA e utilizarase cronometraxe eléctrico mediante o sistema de chips desta federación. As inscricións son gratuitas para todos os participantes e estarán abertas ata as 18:00 horas do xoves día 5 de setembro. Se queres disfrutar da beleza de Mugardos e dun ambiente saúdable, inscríbete xa facendo click AQUI!

Compartir: