Resultados

Información da normativa vixente de carreiras populares. De gran interese para organizadores e atletas

A FGA dentro da súa campaña de sensibilización para cumprir a normativa vixente e organización de calidade de carreiras populares, desexa informar que existe unha lei estatal que obriga a todos os organizadores de carreiras populares a contratar ademais do seguro de responsabilidade civil, un seguro de accidentes deportivos para cubrir a posible asistencia médica dos atletas participantes. A lei tamén obriga a ter unha ambulancia por cada 750 participantes, a presenza dos servizos sanitarios mínimos e un médico. Todas as probas incluídas no Calendario Oficial da FGA cumpren estes requisitos mínimos que garanten a seguridade dos participantes. Se eres organizador dunha carreira popular non dubides en poñerte en contacto connosco para obter máis información (secretariogeneralfga@gmail.com) de cómo oficializar a túa proba. E se eres un atleta, antes de competir pregunta ao organizador da proba se cumpre con estes requisitos, pois está en xogo a túa saúde. Nos vindeiros días publicarase a nova normativa para as probas populares disputadas na tempada 2013/14, neste documento inclúense todos os servizos que ofrece a FGA para axudar aos organizadores de carreiras populares incluidos no calendario na xestión do seu evento.

Compartir: