Desenvolveuse o domingo 11 de agosto na Praia das Américas a terceira edición da popular Nigrán area que contou cunha nutrida participación de atletas de tódalas categorías. O fermoso esciario polo que se desenvolveu a proba sumado ao excelente tempo animaría a presenza de gran cantidade de público moi participativo e animoso con tódolos atletas participantes. O gañador absoluto da categoría masculina e sobre unha distancia de 6 km. sería o céltico Miguel Fernández Pereira que acadaría un rexistro de 19.41 seguido de Brais Misa e do atleta local Brais Gómez. No tocante as mulleres resultaría gañadora logo de invertir un rexistro de 23´00 Sara Pérez do CSC, estando acompañada no podium polas atletas Cristina Estevez da SGP e Rocío Rodríguez do Val Miñor