Perto de 200 atletas xa están inscritos na III Carreira Nigran Area, e tí…a que esperas?

Perto de 200 atletas xa están inscritos nunha das carreiras máis atípicas da nosa comunidade, a Carreira Nigrán Area. A proba que discurrirá pola área mollada da praia América e o Muelle de Panxón, ten un gran atractivo polo seu acercamento ao medio natural. A proba dará comezo ás 11:00 horas ca disputa das carreiras para as categorías cadete, infantil, alevin e benxamín. Posteriormente ás 12:00 horas terá lugar a carreira absoluta, e tralo pistoletazo desta proba saerán os prebenxamíns e os pitufos cunha distancia de 300 e 100 metros respectivamente.

A carreira estará controlada polo sistema de chips da FGA un sistema de cronometraxe incluído no dorsal do atleta, cumprindo así cun maior rigor de control do peito do atleta á hora de controlar a chegada á meta dos participantes. As inscricións poden facerse ata o mércores día 7 de agosto facendo click no seguinte enlace (Inscríbete aqui) Para inscricións nas categorías inferiores a cadetes (inclusive) pode enviarse un email a savalminor@hotmail.com cos datos do atleta.

Compartir: