Excelente participaci�n e organizaci�n na Milla Urbana Concello de Ares

A localidade coruñesa de Ares acolleu o pasado sábado día 3 de agosto a Milla Urbana Concello de Ares, unha proba incluída no Trofeo Deputación de Carreiras Populares da Deputación da Coruña. A proba contou cunha gran participación superando os 350 participantes e unha excelente organización por parte do persoal do Concello de Ares e persoal das entidades colaboradoras. Na proba absoluta impúxose o atleta do Atletismo Narón, Sergio Piñón que parou o crono nun tempo de 4.31.5, seguido de Sergio Gonzalez e Amador Pena. Na clasificación feminina victoria para Paula Mayobre (Bikila) cun rexistro de 4.58.5, que estivo escoltada no podium por Alicia Bermudez e Karina Callón. A organización otorgou trofeos e medallas do Circuito Deputación para os tres primeiros clasificados. (Resultados)

Cambre acollerá a seguinte proba do Circuito Deputación da Coruña

A cita será o vindeiro 15 de agosto en Cambre, o Concello de Cambre en colaboración con distintas entidades organizará a XIV Carreira Popular de Cambre. A proba dará comezo as 10:50 horas da mañá ca disputa de distintas carreiras para todas as categorías, dende pitufos ata superveteráns. As inscricións están abertas ata o martes 13 de agosto e poden facerse a través do seguinte enlace (click aqui). Ata o momento xa hai perto de 100 atletas inscritos. Anímate a participar neste importante evento e disfruta da experiencia de pasar unha xornada deportiva no Concello de Cambre. Mais informacion

Compartir: