Campionato de España Absoluto: Manuel Uriz e Jean Marie Okutu campeons de España en xabalina e lonxitude,: Mercedes de Santalo, prata en disco e Victor Galego e Lorena Luaces novos records galegos abs

O Polideportivo Municipal José Caballero de Alcobendas acolleu por primeira vez un campeonato de España Absoluto coa presenza dunha trintena de atletas galegos. Boa actuación para os nosos representantes con un total de 3 medallas e 1 records galegos que nun xesto de solidaridade recordaron ás víctimas e familias do tráxicos accidente de tren de Santiago do pasado día 24 levando un lazo negro no seu peito.
A xornada matinal do sábado xa presaxiaba o excelente comportamento dos galegos xa que a primeira medalla do campionato foi para Manuel Uriz na xavalina. No último lanzamento chegou até esos 69.60 que lle darían o ouro. Xunto con Uriz estivo na xavalina o veterán Raimundo Fernández, séptimo con 60.17. Xa na xornada da tarde Mercedes de Santaló con 49.47 conseguía a medalla de prata no disco e a segunda medalla para a expedición galega. Nesa mesma proba Belén Toimil foi cuarta con 47.32.
Pasadas as 11 da noite chegaba a terceira medalla de mans do marinense Jean Marie Okutu que con 7.76 na lonxitude conseguia o ouro con tan só un centímetro de vantaxe do segundo, o atleta Luis Felipe Meliz. O atleta enrolado este ano no F.C. Barcelona consigue así o seu tercer título
Completaron a actuación galega na xornada do sábado a atleta do Ria Ferrol Candela Díaz que maila baixar unha vez mais dos 57segundos (56.71) non conseguiu meterse na final na que sí estará a lucense Paula Ferreiros con un tempo de 56.14. Nos 400m valados tres foron os nosos representantes. Nos homes o atleta do Riazor Carlos Moro con 53.73 non foron suficientes para o seu pase á final o mesmo que as duas atletas independentes Aitana Leguiçano con 1.07.01 e Alba Fernández con 1.03.36.
Os que si conseguiron o pase para a final do domingo foron os mediofondistas adestrados por Carlos Landín, Yuliana Velasquez nos 800m e Victor Riobo nos 1500. A outra díscipula de Landín, Solange Pereira con claras opcións de loitar polas medallas, como xa fixera na tempada anterior, correu peor sorte na final. Nun lance da carreira caeu o chan e perdeu tódalas opcións, entrando séptima con 4.30.60. Nesa mesma proba Leticia Fernández foi novena con 4.34.52
Excelente tamén o atleta da Sociedade Gimnástica de Pontevedra Victor Gallego que con un millor lanzamento de 17.44 bateu, unha vez mais, o record que el mismo poseía no peso.
A lanzadora do Barbanza, Lidia Parada, lonxe dos seus millores rexistros foi séptima con un millor lanzamento de 47.43 na xavalina.
Na proba dos 5000m, lembramos que o ano pasado en Pamplona a medalla de ouro fora para Manuel Penas e a de prata para o Alejandro Fernández. Nesta edición, boa actuación para este último quinto con un tempo de 13.51.39 millor marca persoal mentras que Penas con problemas físicos nas ultimas semanas abandonou.
Pechouse a xornada coa proba de 10.000 metros marcha, sendo cuarta Lorena Luaces con 45.49.93 bateu unha vez mais o rerord que ela misma poseia, e novena plaza para Samantha Mulloni 54.46.09 MMP
Actuacción galega

Compartir: